PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

PRAIAS DE ORTIGUEIRA E MAÑÓN




Estas imaxes son da praia de Esteiro (arriba)e a praia de Mazorgán (abaixo). A primeira ubícase entre os concellos de Mañón e Ortigueira. Un lugar marabilloso con area finísima e na desembocadura dun río. A 10 minutos en coche desde o noso establecemento. A esta praia soen ir os surfistas a coller boas ondas pois o mar bate moito nela. Nunca está masificada (case ningunha praia está masificada por aquí). No mes de agosto celébrase no seu piñeiral a romaría de Santa Rosa e a xente das vilas e aldeas do entorno (Loiba, O Barqueiro fundamentalmente) organízase para ir de troulada, comer, beber… en fin.
O que se ve ao fondo na segunda imaxe é o Cabo Ortegal.
Ah! Que o esquecía. As imaxes foron tomadas por Patricia Varela e Ricardo Almisas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario