PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

XACOBEO 2010


Comeza xa un novo ano cargado de boas perspectivas para todos os establecementos turísticos: hoteis, pensións, casas de turismo rural, restaurantes- e doutros tipos presentes na comunidade autónoma. E é que este ano 2010 é ano Xacobeo.
Os “Anos Santos” supoñen a apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago de Compostela que só se realiza cando o día de Santiago -25 de xullo- coincide en domingo. Pero este simple feito supón a posta en marcha dun ano de celebracións por todo o país que atrae a milleiros de turistas de todo o mundo, algúns motivados pola súa fé cristiá e outros atraídos por actos de diferente índole: concertos, exposicións, eventos deportivos etc. que terán lugar ao longo de todo o ano 2010.
A Xunta de Galicia, se non me equivoco, é o principal promotor e organizador de todos estes actos e a través de campañas publicitarias daos a coñecer sobre todo no resto do Estado.
É evidente que calquera dos que rexentamos un establecemento turístico só podemos pensar dunha maneira: “a ver se este ano hai máis xente e facturamos aínda que sexa un pouquiño máis ca o ano anterior”, aínda que tamén pensamos: “O Xacobeo deixa moitos cartos nas cidades, sobre todo en Santiago que é onde teñen lugar a maioría das actividades culturais”. E elo lévanos a reflexionar sobre a influencia que pode ter tanto despregue na nosa zona, Ortegal, tan aillada das grandes áreas urbanas de Galicia, e como non dicilo, é de xustiza, bastante levada pola man de Deus e de Santo Andrés de Teixido.
Pero non nos queda outra que ser optimistas, pensar que algún evento cultural nos tocará á parte dos de sempre, e ter o convencimento de que moitos deses turistas cuxo reclamo é entrar pola Porta Santa e dar un golpe coa testa no Santo dos Croques tamén poidan pensar que existen outros lugares moi pretiño que teñen moito que ofrecerlles e decidan achegarse a coñecer a noso Ortegal que, sen dúbida, non os defraudará.

Feliz Ano Xacobeo 2010.

COMPOTA DE MANZANAS Y PERAS


Una receta fácil pero que requiere de tiempo y paciencia, como casi todo cuando nos metemos en la cocina a elaborar un buen plato.

INGREDIENTES:
- Peras y manzanas de tamaño pequeño.
- Agua.
- Vino blanco.
- Azúcar.
- Una rama de canela.


ELABORACIÓN:
Pelar las manzanas y las peras dejándoles el rabo. Introducirlas en una olla y cubrirlas con las mismas cantidades de agua y vino blanco. Agregar la rama de canela y el azúcar (al gusto). Dejaaaaaaaaaaaaar cocer a fuego muuuuuuuuuuy lento hasta que queden con un tono castaño, caramelizado. No dejen que se haga papa la fruta.
Comer.

Las cantidades no son nuestro fuerte, disculpen, nos las indica la experiencia.
Prueben ustedes y comprobarán que es un postre 10, tanto en caliente como en frío.

STELLA MARIS


Imaxe tomada no peirao de Ladrido na que aparece esculpida a Virxe do Carme. Esta escultura foi donada no seu día -como ben nos apunta no seu comentario Anonimus- por Don Carlos Villasuso Casanova "Che Carlos", un nativo que certo día atopándose en perigo no mar pediulle á Virxe que o salvase e que se así o facía, donaría unha imaxe para Ladrido.
É moita a devoción que existe en España e en concreto en Galicia á Virxe do Carme, sobre todo nas vilas costeiras por ser ela a patroa dos mariñeiros, a que os guía e os protexe.
Todos os anos, a mediados do mes de setembro celebrase en Ladrido a festa na honra da Virxe da Saleta e da Virxe do Carme. En concreto, no domingo en que coincide a festa, todos os fieis reúnense en torno á imaxe da Virxe do Carme para celebrar unha misa cantada. É un grande acontecemento pois supón o rencontro de todos os veciños coa nosa alma verdadeira: os nosos olores, a nosa ribeira, o noso mar, as nosas conversas e tantas outras cousas.

MOMENTOS VALCÁRCEL



Pois resulta que nesta ponte da Constitución, convidados por uns amigos madrileños, decidimos visitar Madrid.
Mentres a filla destes amigos asistía a uns talleres infantís de pintura no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, unha guía percorría cos pais, e tamén os amigos dos pais -que eramos nós- algunhas das salas explicando, como é obvio, as pinturas e esculturas dos fondos permanentes que a entidade posúe, xa saben: Picasso, Miró, Dalí…
Ao finalizar o traxecto, e como broche final, a guía, presentándonos esta última parada como algo extraordinario, decidiu levarnos aos sotos do museo, en concreto ás “carboneras”, para presentarnos a obra dun artista murciano chamado Isidoro Valcárcel Medina.
O lugar, marabilloso, custodiado por un garda de seguridade, iso si, consistía nun espazo diáfano con un par de lámparas de pé acesas en cada extremo.
O que máis e o que menos preguntábase: E esta muller a que nos trouxo aquí? Seguramente para ver as “carboneras”. Nós, evidentemente, estabamos encantados de poder pisar un lugar no que pouca xente desde que o museo é museo puidera estar. Pero tamén nos preguntabamos onde se atopaba a exposición do tal Valcárcel. “En fin, agardaremos un pouco que seguro que hai outra sala adxacente con obras deste autor”.
Ao poñérmonos todos en corro para escoitar á guía a nosa sorpresa foi que o espazo diáfano no que nos atopábamos era a obra do propio autor.
Entón é cando entendes a arte como aquilo que che produce placer, neste caso, o feito de atopármonos no medio daqueles muros antigos, nun espazo íntimo, situados en corro, ollándonos entre descoñecidos e reflexionando coa guía sobre o concepto arte. Que é a arte? O pracer de ver o Guernica é maior ca o pracer de estar agradablemente parrafeando cuns amigos? Realmente as obras que acabo de ver son arte ou estanme a vacilar?
Ao saírmos do lugar, as coñas empezaron a aflorar e ao meu amigo Luis dáballe a risa mentres me dicía: “Esto si que es ser listo, ser capaz de vender lo inmaterial, el hecho de darte el toque en la cabeza y de decirte, Eh! Tio! Disfruta de esos pequeños momentos que te regala la vida, que son puro arte”.
Ao día seguinte fomos dar un paseo polo Parque do Retiro e a carón do Palacio de Cristal existía un pequeno espazo delimitado por uns valados e uns paneis de cristal apiñados como se do almacén de calquera cristaleiro se tratase. Era outro espazo Valcárcel.
Nos días seguintes viamos arte en todas as partes: ao irmos cear, ao tomar un grolo de viño, ao incarlle o dente ao solombo, ao pasear pola “Calle Mayor” …
E así foi como para nós, Begoña, Luís, Lara, Luís e Ana quedaron bautizados eses intres como Momentos Valcárcel. Non é coña!. Cómpre saber aprecialos. Unha vez feito, a disfrutalos, porque neles está o pracer de vivir!

Fotografía: Marten Reitzema.
Texto: Luís Manuel Yáñez Fraguela.