PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

PENSIÓNS CON ENCANTO



Un asunto que nos preocupa e sobre o que pensamos habitualmente é idea que a xente ten sobre o que é unha pensión e os servizos que ofrece ou pode chegar a ofrecer. Dicimos isto porque, habitualmente, ao falar de pensión pensamos, se cadra, nun establecemento onde se poida ir comer e dormir, de calidade baixa e con un servizo pouco esmerado.
Se buscamos a palabra pensión do dicionario atopamos –e non nos sorprende- a seguinte definición:
“Casa onde se reciben hóspedes, ou hotel de escasa categoría”
Indícanos, ademais, que confrontemos este termo con fonda e hostal. Unha fonda é un “Establecemento público modesto onde se dá hospedaxe e se serven comidas”. Pero se buscamos hotel atopamos “Establecemento de hostalaría para aloxar con comodidade a gran número de persoas”
Nós, na verdade non concordamos en demasía con estas definicións pouco meditadas e nas que funciona o estereotipo como naquela definición do diccionario da RAE sobre o significado de galego, que di así: “falto de entendimiento o razón” da que nós, os galegos, non saímos moi ben parados.
Temos que dicir que a lexislación galega (Lei 14/2008, de 3 de decembro, de turismo de Galicia) contempla as pensións como unha subclase incluída nos Establecementos hoteleiros, en concreto como residencias turísticas eliminando a distinción entre hostais, fondas e as pensións quedando unicamente estas últimas.
Segundo esta mesma norma un hotel é un establecemento turístico… con entradas, escaleiras e ascensores de uso exclusivo. Os hoteis clasifícanse en varias categorías (estrelas) con arranxo a unhas condicións establecidas regulamentariamente segundo, entre outros criterios os servizos ofertados, o confort, o equipamento das habitacións, as condicións das instalacións comúns, os servizos complementarios e o persoal de servizo.
As residencias turísticas, pola contra teñen unhas características que lles impiden conseguir os requisitos e condicións esixidos para os hoteis. Tamén se clasifican en varias categorías (estrelas).
É ben certo que a priroi unha pensión é un establecementento hoteleiro ao que non lle dá o parné para pode chegar a ser hotel, pero habería que ler a letra pequena e pararse a reflexionar sobre os servizos reais que pode ofertar unha pensión e un hotel.
Coñezo Pensións que son mellares ca hoteis de tres estrelas e non poden chegar a ser hoteis de tal categoría porque as escaleiras non son o suficientemente amplas, ou porque algunhas habitacións miden 3 cm menos do regulamentario para ser hotel ou porque non dispoñen de estacionamento privado, pero nas que o servizo é do máis esmerado, a comida é deliciosa e de primeira calidade as instalacións son marabillosas e o trato é excelente.
Últimamente, observamos que existen algunhas pensións que se autodenominan “Pensión con encanto”, e danos a impresión que é por quitarse de enriba a etiqueta de pensión co significado que lles comentabamos ao principio de “hotel con escasa categoría”. Nós, por máis que investigamos, non atopamos esa calificación de maneira oficial por ningures porque a lexislación en vigor non contempla tal figura. Tamén atopamos o caso dunha pensión con un cartel que poñía HOTIL. Non podía ser, non podía ser que se trabucasen ao facer o cartel de 5 m de alto… non…non… era imposible. Pero se cadra funcionaba, e a xente entraba alí como se dun hotel se tratase ou desa maneira os donos de tal establecemento sentíanse máis a gusto ao pensar que tiñan un hotel e non unha pensión.
Pode ser que o que lles estamos a contar non teña tanta importancia… porque ao final é o cliente o que lle aporta a categoría ao local e non o cartel. Ou, se cadra, deberían correxir o dicionario.


Si necesitas saber más sobre hoteles con encanto por España y otros lugares curiosos del mundo entra en http://www.destinity.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario