PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

MOSAICOS MARINOS

Esta tarde fomos dar un paseo á praia de Morouzos, en Ortigueira.
Non había case ninguén, apenas dous ou tres pescadores e un rapaz correndo sen ningunha roupa, que poñía o contrapunto á normalidade da situación.
Fixemos algunhas fotos da praia, pero non coa perspectiva que é máis común, é dicir, enfocando un panorama da illa de San Vicente da ría ou das ondas do mar.
Presentámoslles unha colección de instantáneas das cousas que atopabamos ao noso paso, que no verán nos chegan incluso a molestar ao camiñar descalzos se imos despistados: cunchas de berberecho, de mexillón, de longueirón e moitas outras das cales non coñecemos o nome, pero que dotan de cromatismo a monotonía gris da area oscura, coa súa cara recén lavada porque a marea estaba no final do seu devalo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario