PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

UN DÍA CALQUERA



Imaxe do lugar de abaixo de Ladrido. Ao lonxe a praia de Morouzos. É bonito verdade? As casas están bastante ben cuidadas -algunhas con cores demasiado rechamantes para o noso gusto- e hai boas vistas desde todas as partes. Agardemos a que a construción masiva de edificios tarde en chegar. Agora, co gallo da crise está ben difícil que iso vaia acontecer.
Moitos din que esta zona é das poucas que quedan por explotar. Cando o faga quixéramos que a calidade dominase sobre a cantidade, para que os xoves da zona puidesen quedar a traballar no concello e se visen luces acesas polas fiestras da noite. Pero de momento iso non acontece así.
Agardaremos novos tempos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario