PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

ARROZ CON VERDURAS. RECEITA

É unha receita moi fácil de elaborar e moi sana.
Similar ao arroz tres delicias de toda a vida, de base oriental xaponesa, que case todo o mundo recoñece ao vela en foto. Nós tamén a recoñecemos porque aínda que non sexa unha receita propia da nosa cultura gastronómica, é moi habitual atopala precociñada e conxelada, pero claro, non sabe igual.

Ingredientes:
-         Arroz basmati.
-         Chícharos precociñados.
-         180 gr. de atún en conserva.
-         ½ Pemento vermello.
-         ½ Pemento verde.
-         1 cenoria fermosa.
-         2 dentes de allo
-         Sal
-         1 cabaciño.
-         2 ovos.

Picamos as verduras en pedazos moi pequeniños. Desfacemos o atún en láminas.
Nunha tixela con un pouco de aceite de oliva sofritimos as verduras, comezando pola cenoria, continuando polos pementos, o cabaciño e os guisantes. Unha vez sofritidas engadimos o atún desfeito.
Na mesma tixela apartamos o producto anterior cara a un lado, deixando o outro libre.
Batimos os dous ovos e cociñámolos tipo revolto no espazo que nos queda libre da tixela ao tempo que o imos desfacendo e mesturando coas verduras.
Engadímoslle o arroz basmati cocido á mestura anterior.

Pódese comer sen ningún tipo de salsa -como nós o facemos- ou, para cinguirnos á receita xaponesa, regar o plato cun pouco de vinagre de arroz e salsa de soxa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario