PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

PAN FEITO NA CASA

Onte quedou unha tarde un tanto aciaga e ocorréuseme poñerme a facer pan, aproveitando que tiña fariña de calidade na casa.
Utilicei unha fariña de forza da marca Harimsa, que é de boísima calidade, coa que se poden facer marabillosas bases de pizza, filloas, pan, bolas de entroido ou calquera outra elaboración que lles pareza.

Se os ingredientes son bos, os resultados soen ser tamén bos. Cando facemos bolas de entroido con esta fariña non se nos resecan tan axiña e igual acontece co pan.
Nunca antes o fixera, pero todo é poñerse. Engadinlle unhas noces da nosa nogueira e uvas pasas de corinto que nos quedaran do nadal.

O resultado foi boísimo e creo que pouco durará.
É moi fácil, xa saben, fariña, auga, levadura de panadería e sal. Se se quere pódenselle engadir noces (incluso as de Borges son válidas, porque ao ir mesturadas no pan o sabor artificial non é tan contundente) ou uvas pasas.
Trátase de amasar e deixar levedar durante 30 ou 40 minutos. Meter no forno a uns 150 graos durante outros 35 ou 40 minutos.
Queda un pan esponxoso, apto para tomar no almorzo, na merenda ou mesmo de postre acompañando un café.



Animádevos.
É moi fácil. O padal e a saúde agradeceránvolo. 

1 comentario:

Solete dijo...

Parabéns, vese un pan delicioso. Nós onte fixemos pan de forma e quedou tamén bastante ben, de feito, desapareceu en cuestión de media hora.

Publicar un comentario