PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

A IMPORTANCIA DE RECUPERAR A ARQUITECTURA TRADICIONAL

A arquitectura tradicional de calquera territorio é o froito de moitos anos de creación colectiva dunha sociedade concreta. A configuración dos inmobles adáptanse á perfección ás circunstancias do entorno no que se insiren.
No Ortegal, a casa tradicional é construída en pedra, con lousa na cuberta, tres xanelas na parte de arriba e unha porta con unha xanela a cada lado na parte inferior. Destaca no teito a presenza de outras pedras esculpidas de forma cónica e instaladas de xeito vertical, que suxeitan o conxunto do lousado de maneira que a suxección fose total, capaz de aplacar o impulso de refolóns de vento considerables, así como de resgardar o interior da vivenda das intensas e duradeiras chuvias que pola nosa zona se dan.
Chaman a nosa atención unha serie de construcións que non sabemos se son específicas da nosa zona, pero que constitúen unha parte importante do inventario de inmobles tradicionais. Son unha especie de casetiñas pequenas ubicadas nas prazas dalgunhas aldeas nas que se facía a feira. Eran consideradas estas, daquela, aldeas importantes, tamén porque tiñan feira destacada. Normalmente son aldeas do interior porque naqueles tempos, o interior, é dicir, os camponeses, eran os posuídores das maiores riquezas da comarca, porque daquela ter terras e gando era a maior das fachendas.



Estas feiras, cuxos ambientes retranqueiros tan ben describe Álvaro Cunqueiro na súa obra Os outros feirantes, eran grandes reunións de veciños da comarca a onde ían algúns comerciantes que expoñían os seus produtos para seren mercados e consumidos polos habitantes aldeáns que se achegaban, se cadra unha vez por semana, cara a estes lugares de peregrinación e socialización necesaria, porque nelas todo era troula, a présa era cousa descoñecida, cumpría falar cunha cadencia amuiñeirada, tomar unha cunca cos amigos ou botarlle unha danza con algunha rapariga do lugar veciño.
Os vendedores, chegados de toda a contorna, instalaban o seu posto nunha destas casetiñas e a vendíanlles durante todo o día (máis pola maña ca pola tarde) aos numerosos clientes aldeáns que daquela conformaban o groso da poboación. Vendían madreñas, peixe en salazón, chourizos afumados, aceite de oliva en grandes latas ou unto para facer o caldo. Constituían os grandes centros comerciais da época.
As casetas son feitas de pedra cun pequeno lousado que resgardaba ao comerciante nos días de chuvia. Posteriormente, en moitas delas, a pedra sería recebada con cemento.
Consérvanse aínda moitas casetas, nun estado bastante precario… lembro agora mesmo as de Loiba, as de San Clodio ou as de Mañón. Na actualidade serven como tendedeiro para a roupa ou como lugar no que resgardar a leña utilizada para prender o lume e cociñar nos longos días de inverno.
Por todo isto, debemos reparar nelas como parte esencial do noso patrimonio, que cómpre conservar e protexer, se queremos convertir a nosa comarca e o noso concello nun destino turístico de calidade.


Fotografías: Lugar de O Campo (Mañón)

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Estupendo artículo, aunque si me aceptáis un consejo, las fotos debieran de llevar la indicación del lugar al pie de la misma, queda mucho mejor y el internauta lo identifica al instante. Esto vale para todas las fotos que pongáis, incluso las recetas.
Me gusta este blog y disfruto mirándolo, gracias.
Un saludo

Dirección dijo...

Gracias Anónimo por el comentario. Tendré en cuenta tus consejos que creo son muy acertados. Un saludo

Patricia dijo...

Parabéns por esta sensibilidade. Magoa que estas cousas permanezan esquecidas e ameazadas pola ruina. Magoa que non se restauren e que non se poñan en valor.
Un saúdo

Patricia dijo...

Se non te molesta, vou compartir este excelente artigo cos amigos de Ortigueira Sostible.

Dirección dijo...

Moitas grazas.

Publicar un comentario