PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

MEXILLÓNS DA RÍA DE LADRIDO EN SALSA VINAGRETA CON CÍTRICOS.

Presentamos hoxe uns mexillóns recén collidos con unha salsa vinagreta a base de tomate, pemento verde, cebola, pirixel e con aroma a cítricos.
Se lles digo a verdade é a primeira vez que fago algo así. Normalmente comemos os mexillóns ao natural con un pouco de limón. 
Como curiosidade comentareilles que meus pais están que trinan, xa oín todo tipo de eloxios para o meu prato, preguntas do tipo: e agora que lle fas? E iso cómese crudo? E vaslle poñer un fiúncho por riba? Iso non se tragha, non o comen nin as vacas. Eu...esa vinagreta...nunca vin cousa á maneira. Pouco a pouco teño que ir afacéndoos a que degustar cousas novas tamén está ben. Novas para eles claro está, tan afeitos ao sabor natural de toda a vida. E se cadra non van descamiñados. Eu respeto os seus gustos e eles que respeten os meus experimentos, que é como debe ser. Seguro que probarán cando menos un. E logo irán polo segundo...como pasa sempre. 
Pero bon... eu ao meu...  a min téñenme unha pinta exquisita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario