PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

TULIPÁNS NA SÚA SAZÓN. UN AGASALLO DA PRIMAVERA

Como todos os anos uns coñecidos nosos holandeses achéganse por estas datas a pasar uns días na nosa aldea e, como é costume, agasállannos con uns bocadiños de queixo holandés e uns fermosos tulipáns.
Non hai volta de folla!.... os holandeses son mestres na produción de flores e entre elas o tulipán é a máis especial, a que define e estereotipa esta fermosa terra gañada ao mar.
Veñen en atados de aproximadamente 20 ou 25 flores, todas iguais. Non os presentan abertos, a flor aínda está en botóns e aparecen agochados en grandes ramallos de cor verde moi intensa . Ao collelos na man, rózanse uns cos outros creando unha música natural e acorchada.
Eu xa teño plantado bulbos de tulipáns traídos de Holanda. O primeiro ano van ben pero en anos sucesivos as flores aparecen cada vez máis pequeniñas ata que xa non merece a pena plantalos.
Déixolles a foto dos tulipáns deste ano como agasallo de primavera.

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario