PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

TORTILLA DE PATACAS DE CEDO

Coñecen vostedes a tortilla española? A versión máis común deste prato faise con patacas, cebola, ovo e sal.
Disculpen o atrevemento, xa sei que a teñen comido en inumerabeis ocasións e por tanto, non insistirei no proceso de elaboración, só lles amosarei esta miña versión que tantas ganas lle puxemos ao facela no día de hoxe.
Por que, precisamente, hoxe? Pois porque tiñamos patacas de cedo ou patacas novas, as primeiras da sazón, as recén chegadas do terreo, despois de varios meses comendo patacas vellas, recollidas as últimas, as máis serodias, no mes de agosto, na nosa comarca.
A pataca que se recolle agora no Ortegal, en maio, plántase no mes de decembro. Tamén poden plantarse no mes de febreiro ou marzo, para seren recollidas no verán.
A orixinalidade do post reside non na tortilla en sí, senón na calidade do produto coa que foi elaborada, nas patacas de Loiba, cultivadas en terreo ben estercado e nos ovos caseiros que empregamos. Un exemplo de slow food accesible económicamente para moitos, mais fisicamente para só uns cantos.
Xa apetecían unhas pataquiñas novas! Nada mellor para probalas que unha tortilla.



No hay comentarios:

Publicar un comentario