PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

RECOLLENDO ESVEDROS


Tanto tempo agradando este momento. Por fin o esvedro co que me agasallaran Luis e Begoña hai 5 ou 6 anos, comeza a dar os seus primeiros froitos.
Tomareille a palabra a Begoña e farei un licor. Ela di que sae moi bo. Debo investigar primeiro as cantidades a utilizar.
Igual podería facer tamén unha marmelada.
En calquera caso, creo que debo deixalos madurecer un ou dous días, porque algúns, aínda que teñen cor vermella están aínda duros. Non sei se é que son así aínda estando maduros, pero non creo, porque hai outros que, coa mesma cor, están brandos.

Cando o licor estea feito darei conta delo.

Algunha outra suxestión?


No hay comentarios:

Publicar un comentario