PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

REQUEIXO CON MEL. RECEITA

Como case todo en gastronomía, o principal é conseguir o produto de calidade co que elaborar os diferentes pratos.

Os ingredientes necesarios son:
-         3 litros de leite enteiro.
-         Mel.

Deixamos o leite a callar durante aproximadamente un día e medio. Unha vez callado introducímolo nun saco de trapo feito con tea tipo saba. Atámolo pola súa abertura e introducimos nel o leite callado. Atámolo cunha apiola e colgámolo poñéndolle debaixo unha pota, na que irá caendo o soro do leite. Deixámolo colgado ata que o leite perda gran parte do soro.
Retiramos o leite cunha culler grande para unha pota.
Finalmente, retirámoslle grande parte da tona que queda pola parte de arriba.



É moi habitual tomalo como postre en días especiais. No día do patrón é obrigatorio. Non obstante, pode formar parte dun extraordinario almorzo. Pódese acompañar tamén con azúcre, con marmelada e mesmo regado con algún tipo de licor. Está boísimo con trenza ou biscoito anisado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario