PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

BOLA DE NATA

É un postre tradicional de por aquí. É moi habitual facelo nas casas nos días de inverno, sobre todo cando sobra masa de empanada. No noso caso, cando isto acontece, ou fritimos bolas na tixela ou elaboramos bolas de nata.
Cómpre, primeiramente, elaborar unha masa de pan con fariña de trigo, auga, levadura e sal. Unha vez levedada estirámola enriba dunha mesa con un pouco de fariña e dámoslle forma redonda. Plegamos os bordes como se dunha empanada se tratase e enchemos o oco central con nata fresca. Posteriormente, botámoslle azucre por enriba. Metemos no forno a unhs 200-220 graos durante, aproximadamente, media hora ou corenta minutos –dependendo do grosor da masa- e xa está lista para comer. Cabe a posibilidade de engadirlle unas laminiñas ben finas de chocolate para cobertura unha vez sacada do forno.
É un postre contundente que engorda moitísimo,  pero que de vez en cando incluso nos podemos permitir.



No hay comentarios:

Publicar un comentario