PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

DÍA MUNDIAL DO OVO

Miren por onde que nos acabamos de enteirar que tal día coma hoxe, 14 de outubro de 2011, se celebra o Día Mundial do Ovo.
Pois si, nós pensamos que tal produto merece un día internacional, como o merecen a auga, o leite, o pan e tantos outros alimentos que consumimos habitualmente, algúns. Para celebralo como é debido, decidimos preparar uns ovos recheos de atún.
A súa preparación non comporta ningunha dificultade, é cociña para principiantes.
Chega con cocer os ovos durante uns 4 ou 5 minutos, pelalos e nunha cunca mesturar a xema cocida, o atún desmigado e un pouco de salsa maionesa. Se se quere, pódese engadir un pouquiño de iogur natural. Enchemos as claras dos ovos, deixamos arrefriar na neveira e comemos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario