Non nos puidemos resistir a fotografar esta tarde a ribeira. Foi un deses luco-fuscos que un desexa que perduren no tempo infinitamente. A temperatura ambiental duns 27 graos, o mal totalmente manso, a lúa pequeniña contemplando o espectáculo e o sol tinxindo de vermello o horizonte e creando siluetas na paisaxe sobre fondo azul de varias tonalidades.
Cómpre disfrutar da magnificencia visual que se nos presentan nestes días de verán retardados.
A imaxe que se presenta non substitúe a paisaxe natural, sería inxusto que calquera de nós o puidese pensar, tan só é unha instantánea que poida prender a chama imaxinativa dunha realidade moitísimo máis impactante e verdadeira.
Lusco e fusco na Ría de Ladrido o 1 de outubro de 2011 |
2 comentarios:
pena, de no poder estar contemplandolo en persona, gracias por hacernos participe de esta borrachera de belleza
La verdad es que estamos gozando de unos días maravillosos. Gracias Teresa
Publicar un comentario