PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

FEIRA DE FUNGOS E COGOMELOS DE AS PONTES

Todos os anos, cada primeiro de novembro, Día de Difuntos, celébrase nesta localidade coruñesa, que dista uns 25 km de Ortigueira, unha feira de fungos e cogomelos moi interesante para os amantes da micoloxía e para aqueles outros que, coma nós, somos uns auténticos ignorantes deste mundo e que só alcanzamos a coñecer os champiñóns, os boletus, as lepiotas e pouco máis.
Este ano celebrouse a súa vixésimo segunda edición.
Nun ambiente de festa popular, puidemos apreciar a grande cantidade de cestas presentadas ao concurso deste ano.

Anthurus archedi. Ten un cheiro moi forte que impregna o ambiente

Chamounos a atención a variedade de cogomelos e fungos recollidos polos participantes. Cada cesta estaba adornada dun xeito moi particular, utilizábanse felgos, pólas de piñeiro, carozas, musgo, trasnos e calquera outro elemento, natural ou artificial, que os concursantes considerasen conveniente para maior realce dos seus exemplares.


A primeira impresión ao vermos as cestas foi a de estar perante pequenos mundos en miniatura bioloxicamente autosuficientes. Imaxinen pequenos nacementos de nadal, pero pagáns, nos que as personaxes, no canto de seren o pastor e a vaca, fosen os boletus e as cantarella.



Son velenosas, pero moi parecidas ás casiñas dos Pitufos


Unha vez pasada esta primeira impresión, a nosa atención comezou a centrarse nas diferentes tipoloxías presentadas. Cada especie adxuntaba un pequeno cartel no que se podía coñecer o seu nome científico e ás veces tamén a súa denominación vulgar. Os propios concursantes –apaixonados do tema e orgullosos do seu traballo- aportaban máis información aos numeroso público que de cando en vez lles facía algunha pregunta simple. Ao rematar o percorrido, non nos convertemos en expertos, obviamente, pero sí trouxemos con nós o coñecemento superficial dalguna que outra especie, ademáis de moitas fotografías interesantes para compartir.


Con efectos especiais. Esta ola botaba fume
Phallus Impudicus - "Falo impúdico"


?

Pollendom niger. "Hidno negro"
Liangermania gigantea. Só se comen as xovenciñas

Non podían fallar a esta cita

Lepiota procera
Níscalos. Son moi prezados en gastronomía
Lycoperdon Umbrinum
Boletus zudo. É comestible
Sporassis crispa.
Coidado nos detalles de presentación
Para rematar a xornada cabía a posibilidade de degustar algúns pratos elaborados con cogomelos. Aínda que este tipo de concentracións gastronómicas, que tanto abundan en Galicia, non forman parte dos nosos praceres, por esta vez animámonos a compartir estas tres elaboracións. En concreto, empanada de cogomelos e lacón, volovanes (vol au vent) recheos de cogomelos e gambas e, finalmente, arroz con cogomelos e chourizo. De postre unha tortiña de requeixo con mel.  Todo elo maridado con viño Albariño, mencía ou auga.
Sen dúbida, unha experiencia moi didáctica, co seu punto gastronómico, musical e tamén comercial,  que recomendamos para sucesivas edicións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario