PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

ANQUE COMAS AZAFRÁN, A BOCA QUE CHE SAIBA A PAN (Refraneiro popular galego)

Todos eles son pans galegos. Hai de centeo con uvas pasas, de broa (millo) e de mestura (millo e trigo). A razón de mercar tanta variedade a un tempo reside na nosa intención de atopar un pan de millo de calidade, como o que podiamos comer por aquí hai algúns anos, o pan de Graciela, que era a nosa panadeira oficial. Tempos foron!
Estes tres pedazos mercámolos en dúas panaderías diferentes de Ourense. Pero pouco teñen a ver co pan de millo do país -que nós non somos quen de atopar-. Referímonos ao pan olmo e que ao apretalo lixeiramente solta un pequeno “zume” ou “graxa” que o convirte nun auténtico manxar. Un símil co pan ao tratar este aspecto poderiamolo atopar no xamón, e considerar que aquel xamón que non solta certa graxa, non é de boa calidade.
Non obstante, o sabor deste pan é aceptable, aínda que sexa feito con millo de quén sabe onde.
Faremos un exercicio de imaxinación ao degustalo para lembrar os sabores e texturas do pan de broa de primeira calidade. 


Arriba: pan de broa (millo), Debaixo : pan de mestura (millo e trigo)

Pan de centeo con pasas

3 comentarios:

Esteban dijo...

Tienen muy buen aspecto.
No encuentro la receta de pan que publicaste hace tiempo. Hay forma de recuperarla?
Saludos,
Esteban

Bajamar Ladrido dijo...

Hola Esteban. Te he enviado la receta a tu facebook. Un saludo.

Anónimo dijo...

Lembranzas, de pequena mercaban o pan de broa en Neda.

Publicar un comentario