PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

MEIGAS DO GRAN SOL

As meigas pescadas no Gran Sol son ben diferentes ás que se pescan no día. A pesar de que ambas se poden comer con agrado, as primeiras teñen unha calidade, ao noso modo de entender, inferior ás segundas.
As do Gran Sol límpanse en altamar, e así son vendidas con un corte característico en forma de risa pronunciada despois de quitarlles a tripa, soen ser moito máis grandes e por tanto menos planas que as do día, aínda que este non sexa un trazo privativo delas, pois tamén existen meigas do día de tamaño considerable. As meigas do Gran Sol soen traer algunha mazadura, por pequena que sexa, e que se nota ao fritilas. Sen embargo as do día, despois de cociñadas, quedan con unha carne completamente branca. Asemade, ao cociñar as meigas do Gran Sol atopámonos cunha textura dura e apelmazada, aínda que non en exceso, de maneira que, sen querer, e ao movelas co garfo, poderán trocear sen querermos, en dirección contraria á beta natural do peixe.
As meigas do Gran Sol son brutas, peraltadas e de carne ríxida. As do día, pola contra son máis planas e de carne flexible e delicada. Evidentemente, as meigas do Gran Sol deberían ser –e de feito son-  máis baratas cás do día.     

Meiga de Gan Sol limpa en altamar.

Meiga do Gran Sol fritida. A carne sepárase máis facilmente en partes naturais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario