PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

TIRAMISÚ

Despois de varios intentos fallidos, parece que esta será a versión definitiva do noso tiramisú, o postre típico veneciano que hai xa máis dunha década alcanzaba tanta sona no noso país.
Esta non é a versión quizás máis popular, aquela feita con varias capas de biscoito e crema, senón que optamos, como na receita orixinal, por poñer só unha capa de biscoito, regado con café e Licor Amaretto.
Por fin acadamos a textura e a cor que nos parecen as máis axeitadas. A textura quedounos con un toque mousse, na que as claras do ovo montadas a punto de neve lle aportan unha leve esponxosidade, que fai a crema máis agradable ao padal.
Unha vez máis, non creamos nada novo, pero si experimentamos o necesario como para que o resultado final sexa especial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario