PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

MEXILLÓNS EN ESCABECHE

Igual que acontece cos berberechos, o mexillón galego é un excelente produto para preparar en escabeche. Pódese servir acompañado dunha torrada ou comelos como primeiro plato, con patacas cocidas ben molladas no prebe.
Esta preparación consérvase bastante tempo en bo estado, co cal podemos gardalos na neveira para consumilos en frío cando apetezan como aperitivo.
Pouco ou nada ten a ver este resultado cos daqueloutros que se mercan en conserva nos supermercados de textura artificialmente branda, mentres que os mercados crús e cociñados na casa, son moito máis consistentes. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario