PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

PERCEBEIROS



Percebeiros: una frontera entre el valor y el miedo por un bocado de mar, é unha curtametraxe dirixida por David Beriain que, en 11 minutos, relata a historia dun percebeiro da localidade veciña de Cedeira.

Trátase dun documento videográfico moi interesante para dar a coñecer a dificultade que supón apañar estes pequenos crustáceos de grande valor gastronómico. Nalgunhas pasaxes o espectador sente que é un percebeiro máis, acompañante do protagonista da historia, podendo chegar a contorsionarse na cadeira ao ver as imaxes.

O filme foi preseleccionado para os Premios Goya 2012 e nós desexámoslles moita sorte, ademais de darlles as grazas por existir, e por adicaren unha parte importante do seu tempo a difundir un anaquiño da esencia do noso ser. Alédanos compartir este documento na nosa bitácora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario