PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

APPELTAART: A TORTA HOLANDESA MÁIS TÍPICA.


Segundo me contan os meus amigos holandeses, unha das tortas máis socorrida nas casas holandesas é esta appeltaart ou torta de mazá, que leva uvas pasas e canela, como non, tratandose de repostería dos Países Baixos.
É facilísisima de facer, así que se vos apetece sorprender a alguén ou vos vedes nun apuro, tomade estes datos e solucionaredes a cuestión.

Necesítanse estes ingredientes para unha torta mediana, aproximadamente 7 ou 8 porcións curiosas:

-         400 gr. de fariña de trigo
-         250 gr. de manteiga
-         1 ovo
-         250 gr. de azúcre
-         4 ou 5 mazás "reineta"
-         un puñado de uvas pasas
-         Un sobre de levadura química
-         canela en pó
-         Un licor que nos guste (opcional)

Xeito de elaboración:
En primeiro lugar, poñemos as uvas a macerar no licor elixido. Se preferimos sen licor, saltamos este paso. A continuación, nunha cunca ampla, mesturamos a fariña coa manteiga, o ovo e a levadura. Cubrimos a base e os laterais do recipiente no que enfornaremos con esta pasta-masa, tendo cuidado de que ao retirala non se nos vaia pegar. Pelamos as mazás e cortamolas en xuliana. Enchemos o oco cos pedazos de mazá, as uvas pasas  e un pouco de canela. Finalmente, desfacemos parte da masa para facerlle a boina á torta e cubrila pola parte de arriba.
Metemos no forno prequentado a 180º e cociñamos durante, aproximadamente, 45 min. Retiramos e deixamos enfriar antes de comezar a comela.
Disque en Holanda teñen acceso a unha fariña especial para este tipo de tortas. Como non tiñamos fixémola con fariña de repostería da que se vende nos supermercados de por aquí.
Quedou ben xeitosiña.

Appeltaart

BISCOITO-TORTA DE ALBARICOQUES


Desde que hai non moito tempo, nun lugar lonxano, comín un delicioso pastel de albaricoques, vivo obsesionado querendo elaborar unha torta deste froito.
O resultado, esta vez, foi un biscoito parecido a unha torta, que tuneei dunha receita similar que me pasou un amigo meu de Barcelona.
Quedou rico este biscoito mantecoso que quizás precise de algo máis de froita e de perfeccionar un tanto a técnica Tatin.
Probaremos a facer novas versións. 

Torta de albaricoques

ARROZ TORRADO AO DÍA SEGUINTE

Que rico este arroz "socarrat", como din pola Comunidade Valenciana! Un auténtico manxar, o arroz requentado ao día seguinte de telo feito. Os grans quedan torrados, soltos e cunha textura un tanto similar á dos cereais do almorzo, pero con todo o sabor ao peixe que utilizamos para facer a fumée. A paella queda relativamente queimada, pero merece a pena, porque a desfeita pódese solucionar cun pouquiño de vinagre.