PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

APPELTAART: A TORTA HOLANDESA MÁIS TÍPICA.


Segundo me contan os meus amigos holandeses, unha das tortas máis socorrida nas casas holandesas é esta appeltaart ou torta de mazá, que leva uvas pasas e canela, como non, tratandose de repostería dos Países Baixos.
É facilísisima de facer, así que se vos apetece sorprender a alguén ou vos vedes nun apuro, tomade estes datos e solucionaredes a cuestión.

Necesítanse estes ingredientes para unha torta mediana, aproximadamente 7 ou 8 porcións curiosas:

-         400 gr. de fariña de trigo
-         250 gr. de manteiga
-         1 ovo
-         250 gr. de azúcre
-         4 ou 5 mazás "reineta"
-         un puñado de uvas pasas
-         Un sobre de levadura química
-         canela en pó
-         Un licor que nos guste (opcional)

Xeito de elaboración:
En primeiro lugar, poñemos as uvas a macerar no licor elixido. Se preferimos sen licor, saltamos este paso. A continuación, nunha cunca ampla, mesturamos a fariña coa manteiga, o ovo e a levadura. Cubrimos a base e os laterais do recipiente no que enfornaremos con esta pasta-masa, tendo cuidado de que ao retirala non se nos vaia pegar. Pelamos as mazás e cortamolas en xuliana. Enchemos o oco cos pedazos de mazá, as uvas pasas  e un pouco de canela. Finalmente, desfacemos parte da masa para facerlle a boina á torta e cubrila pola parte de arriba.
Metemos no forno prequentado a 180º e cociñamos durante, aproximadamente, 45 min. Retiramos e deixamos enfriar antes de comezar a comela.
Disque en Holanda teñen acceso a unha fariña especial para este tipo de tortas. Como non tiñamos fixémola con fariña de repostería da que se vende nos supermercados de por aquí.
Quedou ben xeitosiña.

Appeltaart

No hay comentarios:

Publicar un comentario