Gústanche as albóndigas, verdade?
Os
diretivos dunha grande multinacional do moble decidiron incluílas no seu menú
habitual, por tratarse dun prato recoñecible en todo o mundo. Estas non chegan
a tantas partes, pero nada teñen que envexarlles, senón todo o contrario.
Estas
non teñen unha forma esférica perfecta, pero tampouco se precisa. Son grandes
de tamaño, a respecto das que se soen ver por aí, e iso fainas diferentes. A
salsa é bastante lixeira, que nada ten a ver coas espesuras que detectamos, en
xeral, polo que as fai bastante lixeiras, sen quedares sobrecargado ao rematar
de comer tres ou catro unidades, que soen completar unha porción.
Están
feitas con carne de tenreira galega e de porco e unha loncha de xamón.
Posteriormente asadas con diferentes verduras en cociña bilbaína.
Non
disputamos de bandeira que cravar nestes momentos, pero se che fai moita
ilusión, podes mercar a do teu país para sentirte patriótico, ademáis de
poñerlle unha pinga de romanticismo á túa sesión gastronómica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario