PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

SAN ANTONIÑO DO AROXO



Agora que se está a piques de celebrar o San Antón, quixeramos presentarlles un moi particular e especial.
Na parroquia de Loiba, nun lugar escondido entre eucaliptos chamado O Aroxo, atópase esta imaxe de San Antón. Unha figura minúscula de aproximadamente 5 cm. de alto traída de Cuba disque hai máis de dous séculos.
Non sabemos a razón da súa chegada, se cadra algún emigrado por aquelas terras a meteu no peto como amuleto a venerar en caso de malfado.
Nos primeiros tempos, os crentes pedíanlle a San Antoniño do Aroxo para que conservase a saúde dos animais domésticos dos que se vivía, sobre todo as vacas, que eran os que máis cartos deixaban.
Os devotos coñecedores desta imaxe, peregrinaban ao Aroxo levarlle aceite e bolboretas. As bolboretas non son aquí animais voadores, senón superficies redondas elaboradas con cortiza ás que se lles chantaba unha especie de mecha alumeadora para que aboiase no aceite. Desta maneira o santo permanecía alumeado, no tempo en que as velas escaseaban ou eran máis caras ou manchaban a superficie de tapete.
Máis tarde deuse en levar exvotos de todo tipo, non só de animais, senón tamén de partes do corpo humano ou do corpo enteiro.
San Antoniño do Aroxo constitúese nun microsantuario para acollemento dos veciños, sobre todo de Espasante, de Céltigos e de Loiba, co mesmo afán venerador dos grandes santuarios do país.

San Antoniño é moi pequeniño. Está enriba da almofada e debaixo da cruz.

2 comentarios:

Samos dijo...

Ai, eu mon sabía nada diso....Como me gusta o topónimo Aroxo!Moi ben Luís, diversificando información

Dirección dijo...

E a min! Saúdos

Publicar un comentario