Propoñemos unha crema de fácil elaboración que pode constituír un recurso básico e fácilmente aplicable a outras elaboracións e combinacións de diferentes ingredientes, mesmo como salsa para bocatas e/ou sándwiches de diferentes tipos.
Necesitaremos para unhas 15 torradas pequenas, ademais do pan torrado.
Para a crema.
100 gr. de crema de queixo.
50 gr. de queixo roquefort.
Media cebola pequena ou 4 brotes de ceboliño.
8 tomates tipo cherry.
Sal fino.
É tan fácil como picar a cebola en pedaciños cadrados moi pequenos e mesturar nunha cunca pequena todos os ingredientes. Se se quere, e para que a cebola non amargue tanto cómpre deixala repousar en auga fría durante uns 10 minutos. Pódese substituír a cebola polo ceboliño tamén picado.
Cubrimos a torrada coa crema e decoramos con medio tomate e unhas areas de sal.
Un aperitivo moi rico que nos quita de máis dun apuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario