Talvez non lles chame para nada a atención esta táboa variada. A nós si. Será que saímos o xusto a comer por aí. Na verdade, sorprendeunos cando nola puxeron diante. Estabamos afeitos a táboas de queixos e/ou embutidos, mais así con patés diferentes, espárragos, leituga era a primeira vez.
Esta táboa era media porción. Entre catro ben se come como aperitivo.
Como será a táboa completa. Quizás a mesa enteira cuberta.
TIRAMISÚ FLORENTINO
Un amigo meu que estivo estes días por Italia, envíame algunhas fotos de cousas que el consome por alí. Esta é dun restaurante florentino do que non lembro o nome, como Don Quixote.
Supoño que é a maneira máis común de presentar o tiramisú en Italia, ou pode que non sexan máis ca imaxinacións miñas e queira ver nesta imaxe un estereotipo.
En calquera caso, está apetecible. Non é?
Supoño que é a maneira máis común de presentar o tiramisú en Italia, ou pode que non sexan máis ca imaxinacións miñas e queira ver nesta imaxe un estereotipo.
En calquera caso, está apetecible. Non é?
ILLA DE SAN VICENTE E CABO ORTEGAL
Gústanos esta imaxe da illa de San Vicente, na entrada da Ría de Ortigueira e Ladrido, co Cabo Ortegal ao fondo. É preciosa así, no lusco e fusco, case en branco e negro.
Desde a nosa aldea poden tirarse fotos coma esta.
Desde a nosa aldea poden tirarse fotos coma esta.
TORTA DE AMORODOS E FRAMBOESA
Hai quen adora os amorodos con nata, cando están na súa sazón.
Pensamos en elaborar unha torta cos produtos anteriores, engadindolle un biscoito tenro e suave que fixese de complemento.
O resultado foi un éxito, para os da casa e para os que veñen de fóra.
O segredo está no punto que se lle dea ao biscoito.
Non deberá quedar empalagosa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



