Plantar eucalipto é condenarse e desaparecer.
A
xente planta eucalipto para quitar rendibilidade a curto prazo, dime alguén que
se criou alí e agora vive aquí, a carón do mar.
É
unha falsa rendibilidade, a rendibilidade do eu, do que non dá para vivir, en xeral. A
historia do abandono definitivo, o selamento final do lugar, o nunca máis.
Se
no lugar onde estivemos onte pola tarde, aló polas montañas do meu concello,
houbese outro tipo de vexetación, ou se mantivese a que había hai corenta anos,
eu iría moitas veces. Alguén podería incluso mercar unha casiña de pedra e
despois alguén podería mercar outra e... carai!!! Que cousa bonita!
Desta
maneira...quen vai querer ir vivir alí? ou que interese pode suscitar? Para
min, pouca cousa ou ningunha.
É
posíbel que voltemos, cando pasen algúns anos. Polo de agora, vivirei co
desconsolo desta breve excursión, tratando de esquecer, mentres penso que nunca
investiría nin migalla do meu pequeno capital alí.
Alomenos
aquí, no baixo, mirarei cara ao mar, máis unha vez.
Supoño
que a xente non se importa coa beleza e as riquezas que ela nos poida dar.
Velaí
a súa condena! A nosa condena. Porque a beleza natural quizá sexa do pouco que
nos queda.
Se
todo aquilo fose meu, ou tivese responsabilidade directa para xestionalo e con
total consentimento, aínda que sen moitas cartos, deixaríao agardar, en
repouso, como Pompeia debaixo de cinsas simbólicas, e iría "de olhos
fechados, como a fe e como o amor", sen saber moi ben para onde, pero co soño
inalterado. E o tempo daríame a razón. Abofé.
No hay comentarios:
Publicar un comentario