PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

ABELLA NO ROMEU

 


Ocórreseme podar o romeu.

Podar herbas e arbustos é como facer a manicura, ir á perruquería ou depilar o pelo. Iso di un veciño meu que viviu durante a  Segunda República e sabe moito disto.

Ao medraren, algunas pólas  –ou como se chamen- sobresaen máis ca outras e queda feo (ou non?), pois o xardín vese desequilibrado e salvaxe por onde non debe estalo, aínda que disto non estou seguro.

Nisto foi que había unha abella.

E pensei: Que fai aquí esta abella? Vai algo de frío! É xa o mes de novembro. Onde estarán as compañeiras? Tratarase do cambio climático Serei tan ignorante sobre o medio natural? Probabelmente non. Seguro.

A abella estaba a darlle unha aperta cariñosa ao arbusto. Non se movía. Unha hora máis tarde segue sen moverse.

Podarei ou non podarei?. A propiedade é miña e xusto esa póla é a que quero cortar agora.

Bah!

Como me atrevo?! O xardín é máis dela ca meu.

Serei parvo!

O PARVO ES TI

 

-          Hola, buenas tardes.

-          Buenas tardes.

-          Teníamos una reserva para hoy.

-          ¿Su nombre, por favor?

-          XXXXXX XXXXXXXX  XXXXXXXXX

-          ¿Me deja su carnet de identidad, si es tan amable?

-          Perdone…,  podríamos ver la habitación antes.

-          Claro, como no. Suban conmigo, por favor.

-          Es que mi mujer ha tenido una lesión en un tobillo.

-          Ya…, comprendo. Yo les había dicho que la habitación tenía el baño pequeño.

-          Sí, ya sabemos.

 

-         De todas formas, si ustedes creen que no se sentirán cómodos o que van a estar a disgusto, a mí no me importa, en absoluto, que dejen la habitación, así otra persona podría  reservar a través de Booking o por teléfono.

-          Le agradezco su sinceridad.

-          Es más…, les agradecería yo ,también, que no se quedasen aquí, de otra forma yo no me sentiría bien.

-          Podríamos bajar, hablarlo entre nosotros cinco minutos y luego le decimos.

-          Como ustedes quieran.

-          De acuerdo.



Provincianismo al dente. E se cadra, tamén,  desprezo ao rural.

Supoño que terán aprendido algo. Ou se cadra non! É difícil.

A que vés por aquí, daquela?

 

UNHA OPINIÓN SOBRE O MONTE

 Plantar eucalipto é condenarse e desaparecer.

A xente planta eucalipto para quitar rendibilidade a curto prazo, dime alguén que se criou alí e agora vive aquí, a carón do mar.

É unha falsa rendibilidade, a rendibilidade do eu, do que non dá para vivir, en xeral. A historia do abandono definitivo, o selamento final do lugar, o nunca máis.

Se no lugar onde estivemos onte pola tarde, aló polas montañas do meu concello, houbese outro tipo de vexetación, ou se mantivese a que había hai corenta anos, eu iría moitas veces. Alguén podería incluso mercar unha casiña de pedra e despois alguén podería mercar outra e... carai!!! Que cousa bonita!

Desta maneira...quen vai querer ir vivir alí? ou que interese pode suscitar? Para min, pouca cousa ou ningunha.

É posíbel que voltemos, cando pasen algúns anos. Polo de agora, vivirei co desconsolo desta breve excursión, tratando de esquecer, mentres penso que nunca investiría nin migalla do meu pequeno capital alí.

Alomenos aquí, no baixo, mirarei cara ao mar, máis unha vez.

Supoño que a xente non se importa coa beleza e as riquezas que ela nos poida dar.

Velaí a súa condena! A nosa condena. Porque a beleza natural quizá sexa do pouco que nos queda.

Se todo aquilo fose meu, ou tivese responsabilidade directa para xestionalo e con total consentimento, aínda que sen moitas cartos, deixaríao agardar, en repouso, como Pompeia debaixo de cinsas simbólicas, e iría "de olhos fechados, como a fe e como o amor", sen saber moi ben para onde, pero co soño inalterado. E o tempo daríame a razón. Abofé.



BERENXENAS DE REVISTA

Sempre se aproveita, mentras se le o xornal ou calquera revista, para cazar algunha receita que poida ser de utilidade.
Habitualmente, só nos fixamos, pero case nunca elaboramos e pasamos folla.
Esta vez -creo que houbo outra ocasión hai xa 10 anos- decidimos recortar e gardar a receita.
Trátase dunha proposta de Martín Berasategui, o noso cociñeiro favorito, en XL Semanal, que aparece cada domingo con La Voz de Galicia.
Están realmente boas, son fáciles de facer e os ingredientes atópanse en calquera supermercado de confianza.
A autora da foto decide acompañalas con patacas. Neste país noso hai quen non sabe comer sen elas. Alá cadaquén.
Pensamos que empalagarían,... pero non!
Por tanto, quedan catalogadas e rexistradas non noso recetario particular.
.