PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

MAZÁS


Que imaxes tan bonitas! Verdade?
Estamos tan afeitos a ir ao supermercado e ver a froita e as verduras tan perfectas, cunha cor tan uniforme que ás veces ata esquecemos como funciona a natureza no seu estado máis puro, sen manipular.
Dicía unha veciña miña que cultiva hortalizas de modo ecolóxico -como o fixo toda a vida- que cando vai á praza a vender as leitugas ou calquera outra cousa ten que quitarlles as malezas porque algúns clientes e clientas non llas queren polo mal aspecto que presentan á vista.
Pois a min paréceme que o seu aspecto é inmellorable. Ata me presta manipulalas. Sinto que as miñas mans se impregnan de algo saudable. Ao pelalas -que soemos facer nos meses de inverno- mestúraseme o frescor do día co cheirume a carballo da cociña de leña e o arrecendo a mazá. Todo cheira a mazá auténtica. Que marabilla!!!


En fin, que me parecían unhas imaxes suxerentes que non podía deixar de compartir con todos vostedes.
As noces son da nosa nogueira particular. As vantaxes de vivir na aldea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario