PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

MADALENAS DE LIMÓN E CANELA

Gústannos estas madalenas que nos propón Eva Flores no seu blog Ma Petite Boulangerie. Son unhas madalenas copiadas da versión que fai o panadeiro catalán Xabier Barriga.
Son moi fáciles de elaborar, cómpre ter en conta moi ao detalle, como case sempre nestes casos, as cantidades precisas que se indican.
Reproducimos aquí a receita por se puidera ser de interese:

Ingredientes:
125 gr. de ovo.
175 gr. de azucre.
60 gr. de leite enteiro.
190 gr. de aceite de xirasol.
210 gr. de fariña de repostería.
5 gr. de levadura química.
1 c/p de sal.
Canela moída.
Reladura de limón.

Elaboración.
Mesturamos e batemos os ovos co azúcre. Unha vez que tomen unha cor abrancuxada engadimos o leite, o aceite, a fariña, a levadura, o sal e a canela e a reladura de limón ao gusto. Batemos ben ata que todos os ingredientes queden ben mesturados entre si. Incorporamos esta preparación en papeis para madalenas (nós ulitizamos outro tipo de recipiente, porque neses intres, por despiste, non tiñamos os papeis dispoñibles) e enchemolos nunhas ¾ partes. Introducimos no forno prequentado a 210º e deixámolas durante uns 15 minutos.
Antes de consumilas, cómpre deixalas arrefriar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario