PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

LIVRARIA LELLO EN PORTO

Xa non me fai graza entrar en Livraria Lello cada vez que visito Porto. Ir a primeira vez está ben. É unha libraría moi bonita, con aire retro.
Libros na parte superior que ninguén parece usar, nin usará e, de resto, exemplares que poderei atopar en calquera outra libraría cercana buscando un pouco, ou sen buscar. Se cadra algúns en francés e inglés que quizás non os atoparei, pero tampouco vou alí buscalos, expresamente.
Non é que me moleste pagar tres euros para poder entrar -porque se merco despois devólvenme o importe- ,é o tumulto de xente fotografando como se se atopase nun museo, a xente que se senta nos sofás e fala en alto como se se atopase de visita nun palacio real e canso das pernas por estar tanto tempo de pé, e cousas destas.
A escada é interesante, pero atopo outras máis antigas e bonitas en lugares que non son librarías e que satisfarían a miña suposta ansia de ver arquitectura agradable. Igual me acontece coas estanterías e vitrinas.
Agardo que a venta de cartoes continúe a bo ritmo, pero eu xa entrei en varias ocasións e libros hanme sobrar noutro lugar.

Eu tamén fixen tres ou catro fotos.


Pessoa como reclamo turístico

No hay comentarios:

Publicar un comentario