PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

UNHA OPINIÓN SOBRE O MONTE

 Plantar eucalipto é condenarse e desaparecer.

A xente planta eucalipto para quitar rendibilidade a curto prazo, dime alguén que se criou alí e agora vive aquí, a carón do mar.

É unha falsa rendibilidade, a rendibilidade do eu, do que non dá para vivir, en xeral. A historia do abandono definitivo, o selamento final do lugar, o nunca máis.

Se no lugar onde estivemos onte pola tarde, aló polas montañas do meu concello, houbese outro tipo de vexetación, ou se mantivese a que había hai corenta anos, eu iría moitas veces. Alguén podería incluso mercar unha casiña de pedra e despois alguén podería mercar outra e... carai!!! Que cousa bonita!

Desta maneira...quen vai querer ir vivir alí? ou que interese pode suscitar? Para min, pouca cousa ou ningunha.

É posíbel que voltemos, cando pasen algúns anos. Polo de agora, vivirei co desconsolo desta breve excursión, tratando de esquecer, mentres penso que nunca investiría nin migalla do meu pequeno capital alí.

Alomenos aquí, no baixo, mirarei cara ao mar, máis unha vez.

Supoño que a xente non se importa coa beleza e as riquezas que ela nos poida dar.

Velaí a súa condena! A nosa condena. Porque a beleza natural quizá sexa do pouco que nos queda.

Se todo aquilo fose meu, ou tivese responsabilidade directa para xestionalo e con total consentimento, aínda que sen moitas cartos, deixaríao agardar, en repouso, como Pompeia debaixo de cinsas simbólicas, e iría "de olhos fechados, como a fe e como o amor", sen saber moi ben para onde, pero co soño inalterado. E o tempo daríame a razón. Abofé.



No hay comentarios:

Publicar un comentario