PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

A ría de Ladrido


As praias do noso contorno son moitas e variadas: praias na desembocadura dunha ría, praias abertas ao mar, onde a auga está máis fría e o bater das ondas e maior, praias con area oscura, froito da segmentación da pizarra, praias con area moi fina, con area máis grosa, praias urbanas e praias rurais…
Dependendo da forza e dirección do vento e da subida ou baixada da marea poderemos elixir unha ou outra. Tamén teremos a alternativa de bañarnos na ría.
A nós, cando a marea está baixa gústanos moito bañarnos na ría de Ladrido. Neste caso as posibilidades son moitas: a tranquilidade soe ser máxima, as augas están moi tranquilas e sempre cabe a posibilidade de cruzar a nado e ir andando ata a illa de San Vicente, a carón da praia de Morouzos. Cómpre estar atento a que non suba a marea antes de regresar, para non quedarmos atrapados en Morouzos. Na ría de Ladrido, os nosos compañeiros soen ser algún aldeán da parroquia, algún turista coñecido que quere afastarse do mundanal ruído, as minchas, os mexillóns, os cangrexos, as ameixas, as aves e as gamelas.
¡Que guai!

No hay comentarios:

Publicar un comentario