PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

XACOBEO 2010


Comeza xa un novo ano cargado de boas perspectivas para todos os establecementos turísticos: hoteis, pensións, casas de turismo rural, restaurantes- e doutros tipos presentes na comunidade autónoma. E é que este ano 2010 é ano Xacobeo.
Os “Anos Santos” supoñen a apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago de Compostela que só se realiza cando o día de Santiago -25 de xullo- coincide en domingo. Pero este simple feito supón a posta en marcha dun ano de celebracións por todo o país que atrae a milleiros de turistas de todo o mundo, algúns motivados pola súa fé cristiá e outros atraídos por actos de diferente índole: concertos, exposicións, eventos deportivos etc. que terán lugar ao longo de todo o ano 2010.
A Xunta de Galicia, se non me equivoco, é o principal promotor e organizador de todos estes actos e a través de campañas publicitarias daos a coñecer sobre todo no resto do Estado.
É evidente que calquera dos que rexentamos un establecemento turístico só podemos pensar dunha maneira: “a ver se este ano hai máis xente e facturamos aínda que sexa un pouquiño máis ca o ano anterior”, aínda que tamén pensamos: “O Xacobeo deixa moitos cartos nas cidades, sobre todo en Santiago que é onde teñen lugar a maioría das actividades culturais”. E elo lévanos a reflexionar sobre a influencia que pode ter tanto despregue na nosa zona, Ortegal, tan aillada das grandes áreas urbanas de Galicia, e como non dicilo, é de xustiza, bastante levada pola man de Deus e de Santo Andrés de Teixido.
Pero non nos queda outra que ser optimistas, pensar que algún evento cultural nos tocará á parte dos de sempre, e ter o convencimento de que moitos deses turistas cuxo reclamo é entrar pola Porta Santa e dar un golpe coa testa no Santo dos Croques tamén poidan pensar que existen outros lugares moi pretiño que teñen moito que ofrecerlles e decidan achegarse a coñecer a noso Ortegal que, sen dúbida, non os defraudará.

Feliz Ano Xacobeo 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario