PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

TORTIÑAS FRITIDAS DE PESCADA ESPONXOSAS. RECEITA

Un recurso fácil para elaborar por exemplo de cea. Magníficas para aproveitar o peixe que puido sobrar do xantar ou as colicas que cuidemos ter gardadas de ocasións anteriores. Pódense facer de calquera peixe, neste caso son de pescada, pois era o que tiñamos fresco que nos quedou de onte. 
Mesmo feitas con peixe conxelado saen boas. Cómense en quente ou en frío e son unha opción interesante para levar nun taper a unha merenda campestre.

Ingredientes: (non indicamos nesta ocasión as cantidades. Dependendo da cantidade de peixe utilizado utilizaremos máis ou menos de todo o demais)
-         Pescada
-         Cebola
-         Pirixel
-         Fariña de trigo
-         Ovos
-         Sal




Cocemos o peixe cun pouco de sal. Esmigallámolo. Engadímoslle a cebola e o pirixel troceados en anaquiños pequenos. Mesturamos ao tempo que batemos os ovos precisos ata que quede una mestura na que todos ingredientes anteriores se impregnen ben. Engadimos e mesturamos con un garfo unhas culleradas de fariña de trigo, tendo en conta que canta máis fariña engadamos, máis espeso quedará. Non é preciso que quede moi espeso, chega con tres culleradas sopeiras para un bol mediano. Rectificamos de sal.
Fritimos en aceite a lume non demasiado alto, axudándonos cunha culler para ir introducindo a mestura na tixela. Unha cullerada sopeira ben chea será a cantidade ideal para cada tortiña.





No hay comentarios:

Publicar un comentario