Está feito con agulla de tenreira galega e patacas de A
Barqueira, unha localidade moi pertiño de aquí. É un guiso ben diferente aos
que se comen por Castela e outras partes da península, pero a base -de verduras
refogadas- vén sendo a mesma ou parecida, neste caso con cebola, pemento e
tomate.
Cómpre non excederse co aceite para que non repita ao padal
ou caia como unha pedra no estómago que nos poida molestar a tarde enteira e
parte do día seguinte.
O guiso éste é ben parecido á picaracha –palabra xenuína de
Ladrido- na que as patacas quedan tan desfeitas, que case semella un
guiso-puré, e que se facía, tradicionalmente, con calquera ingrediente que
puidese matar a fame e que estivese ao alcance: peixe fresco ou salgado, berberechos,
ou carne, se é que se podía.
Guiso de tenreira e cabaciña |
No hay comentarios:
Publicar un comentario