PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

AS METÁFORAS DO DESENVOLVEMENTO



Este é un deses argumentos que cando un os pensa nunca acaba de chegar a una conclusión absoluta e pechada, quizás porque non existan razóns de peso que as sustenten ou porque ao argumentar un non sexa capaz de facelo con certa consistencia, tan só de cavilar imaxes ceibes e inconexas que no levan a ningures.
Vostedes dirán se se trata ou non dunha tolemia.
A cuestión trata sobre a idea de desenvolvemento, en xeral, das sociedades humanas e da idea estereotipada que os individuos podemos posuír acerca do mesmo.
Todos sabemos -queremos pensar- que unha sociedade ou comunidade é tanto máis desenvolvida canta máis capacidade teña de acceso a una serie de recursos materiais (vivenda, comida, servizos…) ou inmateriais (educación, cultura, dereitos e liberdades…).
Estas son evidencias irrefutables que ninguén pón en dúbida e sobre as cales, todos os individuos do planeta deberiamos estar consensuados, sen necesidade de poñer nada en cuestión. O tema, comprenderán, da moito de sí e o fío podería ser levado por diversos camiños, por exemplo, se apelamos ás causas e entidades e individuos causantes do subdesenvolvemento dos pobos e todas esas teorías que para nada nos interesan aquí.
A cuestión no é doada de explicar.
No suposto en que todos os individuos dunha comunidade tivesen acceso a una vivenda digna, a unha comida digna, a uns servizos sociais, sanitarios…dignos, a uns dereitos e libertades dignos, a poder ir ao cine, ao fútbol, a unha copiña de viño ou cervexa de vez en cando, a una porción de ameixas dúas veces por ano  -a lo menos-, a un descanso dominical… e todo eso que vostedes saben … ¿U-lo límite máis alá destas condicións para dicir que unha sociedade é máis ou menos desenvolvida ou avanzada? Presentado doutro xeito: cales son los símbolos ou síntomas que caracterizan o grao de desenvolvemento xeral dunha comunidade?
Ocórrensenos como respostas a renda per cápita, a culturización ou aculturación, o número de coches por familia, as horas de lecer ou quizás as horas de sol ou de chuvia. Estas cuestións non son doadas de responder e de cotío levan a confusión ao querer distinguir entre cousas que forman parte do mundo desenvolvido e as que non. Tal é así, que a observación e posterior reflexión, inducida por lecturas, viaxes e conversacións particulares, poden trastocar as clasificacións previas alentadas polo pensamento único con que nos petardean os medios de comunicación e calquera outro poder establecido, sobre o que forma parte do mundo desenvolvido ou subdesenvolvido, para finalmente chegar á conclusión de que o que poderiamos considerar desenvolvemento no é tal e viceversa.
Poñamos un exemplo evidente.
A cidade de Tokio,  incluiríamola claramente no mundo desenvolvido e a de Nairobi, probablemente, no mundo subdesenvolvido, sen necesidade de ter que explicar o por qué. 
Igual que Tokio e Nairobi poden ser metáforas de dous mundos diferentes existen outra serie de elementos que en certas sociedades occidentais se metaforizan na vida cotiá de forma errada. Por iso moitos individuos que se consideran estandartes do avance se instalan no prexuízo do desenvolvemento.
Igual que desenvolvemento é bo e subdesenvolvemento é mal, recendo é bo e fedor é mal, do mesmo xeito que gordo pode chegar a ser mal e delgado bo.
Non é este un grande erro?
¿Unha vaca e un porco, pois, en que mundo os incluiriamos no desenvolvemento ou no en-vía-de?
¿E un centro comercial onde o poderiamos clasificar?
¿E unha congostra?
Quizás unha ortiga, unha xesta ou un palleiro puideran resultar máis fáciles?
E unha rosa?
E un labrego ou un mariñeiro?
E unha casa vella?
E unha meiga?
E un conxuro?
E un subsecretario?
E a Santa Compaña?
E un alcalde?
E un predicador?
E que nos considerará a nós, orteganos, un turista? Merecerá a pena a súa opinión?
Existirán, pois, individuos neste mundo, que foxen da metáfora positiva e deciden retornar ao primitivismo de certas cousas para acadar o cumio do desenvolvemento? Se isto último é así o noso razoamento queda xustificado, e por elo deberemos esixir responsabilidades ante tamaña desfeita.  



No hay comentarios:

Publicar un comentario