PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

EMPANADA DA FEIRA (DE VIVEIRO)



É unha empanada, pero non é unha empanada calquera, por dous motivos:
O primeiro deles é a súa forma de media lúa, que a diferencia das lúas cheas ou das rectangulares. O segundo é a falta de prebe no seu interior. O prebe sérvese nunha pequena botella e engádeselle no momento previo ao seu consumo, simplemente retirando o curutiño que descaca no centro e removendo. Deste xeito, o consumidor forma parte activa na elaboración, podendo elixir maior ou menor cantidade de graxa. Parece ser que se fai así, porque na cultura tradicional dos feirantes, facilitaba o transporte sen que a graxa empapase o resto dos elementos almacenados, así como a súa embalaxe.
Esta é a demostración de que a cultura da empanada en Galicia é ampla e variada, como a de calquera outra elaboración ou produto autóctono: o caldo, as filloas, o polbo, as caldeiradas e tantos outros, aínda que a esencia e base veñan sendo as mesmas ou parecidas . A medida que vaiamos coñecendo máis variantes daquilo que consideremos modelo estándar, intentaremos dar conta delas, ou ese é o noso propósito, pero para isto cómpre agardar novas experiencias que irán chegando aos poucos.

Empanada de bertorella en semilúa


  

No hay comentarios:

Publicar un comentario