Era
xa noitiña e apareceu por vez primeira o golpe á porta da nosa casa.
Algúns,
nunca antes viramos tan de perto un exemplar, nin tan sequera podiamos lembrar
telo visto algunha vez ao vivo, tan só nas reportaxes da televisión, movéndose,
e como instantánea, en libros e xornais.
Case
nunca te fita, tan só dá voltas na túa fronte e achégase mansiñamente e con
coidado para que lle deas o pedaciño de carne que sabe que é para el. Cando o
consegue, as mais das veces, foxe comelo a escondidas, e ao cabo duns minutos,
volta na procura de máis alimento. Noutras ocasións disfruta o manxar diante de
nós, para que poidamos disfrutar da súa presenza, sempre cun ollo vixía.
Coa noite
de onte suman xa cinco avistamentos. E como agora hai certa confianza, atrévese
incluso a achegarse a metro e medio de nós, deixarse fotografar, sen asustarse,
e atrévese a pedir máis comida.
Onte
fuxiu detrás dun gato que rondaba por aquí.
Agardarémolo
novamente esta noite, con máis alimento.
Sábeche
pouco o raposo!
Non é un espectro, é un raposo |
No hay comentarios:
Publicar un comentario