PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

E TI QUE ALMORZAS?



O almorzo é a comida máis persoal e variada, porque as horas de sono fan que os estómagos de cadaquén se comporten de diferentes maneiras e non admitan, a determinadas horas,  alimentación diferente á que está establecida por costume.
En diferentes individuos, a hora de erguerse pola mañá pode variar ata en cinco horas, aínda que non se teña nada que facer. A persoa que se levanta ás 7:00 habitualmente, vai pasear, le o xornal e 50 páxinas dunha novela antes de almorzar, non comprende o comportamento biolóxico de quen baixa ás 11, cos ollos como pratos e as azas polo chan. O que almorza froita e auga, non concibe ao que comeza o día con panceta e ovos.
Entre os dous extremos existe un abano amplo de posibilidades, algún dos cales pode rozar incluso o maniático.
Por iso en Bajamar, non dispoñemos dun almorzo establecido a priori, tan só deixamos asomar certos alimentos: pan ou azúcre, algunha peza de menaxe: culler e pano, e iniciamos conversa para que o cliente vaia aclarando as súas preferencias. Só con neoclientes, pois cos demáis, xa coñecemos o cándo o cómo e o qué.

Tazada. Leite con pan galego de trigo (e cacao ou café...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario