PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

AS NOSAS LÁMINAS RECUPERADAS

Hai anos xa que temos estas láminas na casa, pero non lembrabamos que estaban. Hai case un ano xa que as atopamos sen querer, remexendo nos trastos vellos do faiado.
Parecéronnos un recurso interesante e diferente para decorar un espazo que nos quedaba no salón-comedor.
Intentan reflectir receitas elaboradas na cociña española tradicional: Bacallao á biscaíña, ovos á flamenca, postre de mazá provenzal, “canutillos”, mantecadas ou “canalones”.
Os motivos son debuxos retro dos ingredientes necesarios para elaborar cada unha das receitas e diferentes utensilios para cada preparación. Ao final aparece unha presentación do prato.
Non sabemos en qué ano pudieron ser editadas porque non se indica por ningures, só se amosa a serie, quizás da revista coa que se podían conseguir: “La cocina práctica Waly”.
Se alguén sabe de máis información sobre estas láminas, gustaríanos coñecela.
En breve estarán expostas no espacio que lles temos reservado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario