PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

CAIXA-CASA DE BISCOITOS

     

É fantástica esta caixa de bocadiños de biscoito holandés que nos agasallaron esta semana. É deses agasallos que che fan tanta ilusión polo envoltorio como polo contido.
A primeira impresión é que se trata dun cartón de zume con porta e xanelas. Ao abrila pola parte superior as lapelas forman o sobrado en forma triangular típico das casas holandesas. Este tipo de caixas casas son típicas dunha pequena vila holandesa chamada Zutphen. Os biscoitos comémolos e a caixa aí quedou formando parte da decoración do comedor.
Non diredes que non é orixinal?


No hay comentarios:

Publicar un comentario