PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

CAPELIÑAS: SAN ANDRÉS EN LOIBA

É a capela de San Andrés, unha das nosas capelas preferidas. Está ubicada en Loiba nun lugar chamado a feira, porque era alí onde, tradicionalmente, se celebraban este tipo de eventos. É moi pequeniña e ten un estilo similar ao gótico, que nós deducimos polos grandes ventanais –en comparación co conxunto da construción- rematados en punta.
A nós parécenos unha capela sensacional que dota o entorno, xunto coas casas que a rodean e os postos de venta das feiras, dun ambiente fantástico de sosego. É de destacar, ademais, que a herba sempre está verde e cortada aínda que ás veces hai algunha ovella comendo allea á nosa presenza. Asemade, conta cunha imensa árbore no atrio que dota de plasticidade o conxunto.
Case nunca hai ninguén, tan só os veciños do lugar que incluso se extranan de que alguén non habitual vaia tirar unha foto. É habitual que aló á tardiña, se poida atopar un con 10 ou 20 persoas cando máis, que acoden á misa que se celebra dous ou tres días por semana.
Por sorte, diremos nós, non é un lugar de interese turístico especial, por iso aínda se pode pisar e ulir a herba no canto de ter que ir sobre cemento, tan só está asfaltado naqueles lugares nos que é estritamente necesario.


No hay comentarios:

Publicar un comentario