A praia de Morouzos, en Santa Marta de Ortigueira, conforma
un enclave de grande beleza paisaxística e valor natural. Boa parte do seu
territorio está ocupado por unha extensa zona dunar que forma ondulacións no
terreo areoso. Cando a choiva é copiosa e prolongada no tempo, os ocos das
dunas énchense de auga, dando lugar a lagoas pequenas e efímeras nas que os
piñeiros se ven reflectidos. Desta maneira o visitante, ao pasar, fica suspendido
na paisaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario