PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

O ALENTO DO MAR



É xa o primeiro de abril. O equinoccio de primavera comezou hai uns días pero o tempo atmosférico continúa a ser invernal. Non vai moito frío, aínda que as chuvias copiosas persisten. Tanta acumulación de auga abre fontes que só os  máis vellos do lugar lembraban de cando eran rapaces. A terra non é quen de absorver máis auga e por iso a natureza improvisa novos cursos que habilitan inagardadas fervenzas.
Asemade, o mar semella estar cabreado, por momentos, deixándonos estampas visuais e acústicas de furia desmedida. Velaí tedes o berro da natureza.    

O Porto de Espasante. Peirao. Ao fondo, o Cabo Ortegal

No hay comentarios:

Publicar un comentario