PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

POTAXE DE CHÍCHAROS EN TÁPER



Velaquí os chícharos recollidos no verán. É un gusto cociñar aquilo que se cultivou aquí ao pé de nós e que pasou dalgúns meses no conxelador, porque sabes que é material de primeira calidade e de confianza.
Esta vez presentámolo en táper. Non é que nós sexamos moi amigos do plástico en forma de recipiente no que transportar os alimentos, porque estamos máis ca fartos de tirar cantidades considerables deste material para o lixo sen case telo usado. Plástico nas froitas, nas galletas, na carne… e así para case calquera alimento que un poida levar á boca e merque no seu supermercado habitual.
O táper é diferente, porque aínda que poida xerar problemas para o medio ambiente, por cuestións de biodegradabilidade, sí é reutilizable en múltiples ocasións.
Ademáis desta disculpa absurda e fácil, o táper leva intrínseca unha cultura gastronómica que ocupa os primeirísimos postos no ránquin de soportes sobre os que comer e transportar alimentos a un tempo. O táper úsase para calquera comida do día: a merenda, o almorzo, o xantar;  é socialmente transversal, non distingue clases tanto o usa o operario da construción como o executivo urbanita así como o estudante desprazado que non sabe cociñar. A comida en táper en día de lecer para ir á praia, nun día de verán coa tortilla de pataca, o filete de polo e os pementos fritidos -todo frío- é un clásico que nada desmerece de o compararmos coas lousas máis pulidas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario