PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

VIAXES E SOÑOS



“Viajar? Para viajar basta existir. Vou de dia para dia, como de estaçao para estaçao, no comboio do meu corpo, ou do meu destino, debruçado sobre as ruas e as praças, sobre os gestos e os rostos, sempre iguais e sempre diferentes, como, afinal, as paisagens sâo.
Se imagino, vejo. Que mais faço eu se viajo? Só a fraqueza extrema da imaginaçâo justifica que se tenha que deslocar para sentir.
A vida é o que fazemos dela. As viagens sâo os viajantes. O que vemos nâo é o que vemos, senâo o que somos.
O único viajante com verdadeira alma que conheci era um garoto de escritório que havia numa outra casa, onde em tempos fui empregado. Este rapazito coleccionava folletos de propaganda de cidades, países e compañías de transportes. (…) Ía às agências de turismo, em nome de um escritorio hipotético, ou talvez em nome de qualquer escritorio existente, posiblemente o próprio onde estava, e pedia folletos sobre viagens para a Itália, folletos de viagens para a Índia, folletos dando as ligaçôes entre Portugal e a Australia.
Nâo só era o maior viajante, porque o mais verdadeiro, que tenho conhecido: era também uma das pessoas mais felices que me tem sido dado encontrar. Tenho pena de nâo saber o que é feito dele, ou, na verdade, suponho somente que deveria ter pena; na realidade nâo a tenho, pois hoje, que passaram dez anos, ou mais, sobre o breve tempo em que o cocheci, debe ser homem, estúpido, cumplidor dos seus deveres, casado talvez, sustentáculo social de qualquer – morto, enfim, em sua mesma vida. Ë até capaz de ter viajado com o corpo, ele que tâo bem viajava com a alma.”

Fernando Pessoa. Livro do desassossego



Viaxar coa alma pode que sexa a única maneira de viaxar en plenitude. Cada persoa é un mundo e o traballo das imaxinacións particulares é a máquina que convida a partir. Álvaro Cunqueiro non coñecía Bretaña cando describiu os lugares que aparecen nas Crónicas do Sochantre, pero tiña o seu imaxinario pleno de facultades para comezar unha viaxe marabillosa. Abofé que conseguiu situarnos nun espacio e tempo e nunha realidade ficcional que o noso espírito fixo verdadeira. Quizás porque non só describía espacios, senón tamén formas de vida que nos resultan interesantes aos que gozamos coa súa lectura. Quizás desexásemos poder estar alí e contemplar o río Oust,  pasear polas rúas feitas en pedra de Pontivy, entrar na xastrería de Quimper ou visitar, ainda que fose de breve estancia, o solar de Paimpont, que de alí disque era natural a familia De Crozon.
Un breve exercicio de fabulación pode ser a semente para iniciar unha nova viaxe. Uns lugares resultarannos máis atractivos ca outros tendo en conta o poder do noso imaxinario e con el, se lle cadra,  os camiños, a xente, a gastronomía, os ríos, o clima, a tradición, as crenzas, a poboación de animais, as festas, e calquera outro elemento ou circunstancia fútil, pode constituirse en forza inicial que  nos empurre a elixir un trazado de ruta e non outro.
Que fai un viaxante desposuído de tales motivacións? Básicamente, cremos nós, desprazarse.
É de seguro que a xente dos outros lugares teña tamén ollos para ver e boca para comer e falar, así como pernas para camiñar, os ríos sexan correntes de auga que descenden con máis ou menos caudal das montañas cara aos vales, e os desertos constitúan grandes montóns de area que se desprazan coa axuda do vento. Por iso as viaxes son os viaxantes, e en menor medida as cousas que vemos ou tocamos ao tempo que as fotografamos. Que absurda resultan as fotografías nestes casos, sobre todo as copias do xa fotografado, pero coa nosa imaxe pousando, nun collage insípido e irreverente para quen viaxa coa alma!

O Cabo Ortegal,  lugar de soños


No hay comentarios:

Publicar un comentario