PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

CONXELAMOS OS GRELOS


Pois vaia cos grelos, cimóns e toda folla que sae do nabo.
Cansados estamos un pouco xa  de tanta planta desta, un día si e outro tamén forman parte da nosa vida, sexa formando parte dun cocido ou dun caldo, que vén sendo cousa parecida. Creo que unha ou dúas veces por semana toca caldo de grelos para o xantar na época de sazón do nabo, guste moito, pouco ou regular, porque a cultura é a cultura, e a tradición dos vellos é sempre irrebatile nunha sociedade avellentada, De febreiro ata abril.
Como ben sabedes, a finais de marzo xa vai pasando a súa época e a liña vai facendo curva para desplomarse alá polos meses de abril-maio, nos que xa non se atopan grelos nos terreos. Agora convértense en campos de flores amarelas que anticipan a primavera.
A pesar doo cansazo pode ser que apeteza comelos no verán.
Se queres disfrutalos a destempo por antoxo sempre podes conxelalos. Como se conxelan?
Nós facémolo do seguinte xeito:

  1. Lavamos os grelos e troceámolos.
  2. Damoslles unha fervedura lixeira.
  3. Deixámolos secar enriba dun pano, para que sequen.
  4. Almacenámolos en bolsas e conxelamos.
Sempre vén por aquí algún turista, cando a primavera vai ben avanzada ou incluso no verán, ao que lle apetece comelos, por seren típicos e de paso agradece o detalle.

Limpar e trocear antes de conxelar

No hay comentarios:

Publicar un comentario